Web realizado por FLOPS Estudio.
Casa doñano, donde todo te hará sentir diferente...

 

982 137 429
610 415 894
fax: 982 134 800
Vilela 27714
Ribadeo - LUGO
GALICIA
SPAIN



RUSTICAE. Pequeños hoteles con encanto.

pqliar

 

Os castros e as mamoas atopados na comarca falan de vellos asentamentos poboacionais. De entre eles subliña-la famosa "Diadema de Ribadeo", preciosa xoia de orixe céltico, atopada feita pedazos, hoxe repartidos entre o Museo do Louvre de Paris e o Museo Arqueolóxico de Madrid.

A historia da vila de RIBADEO como tal non principia, nembargantes, ata o ano 742 cando o Rei Alfonso I decreta a súa creación no lugar hoxe coñecido como Vilavella e dende onde trasladouse, cara o seu actual emprazamento, en 1182. Foi entón cando, por orden tamén do Rei Fernando II constituíuse neste núcleo poboacional a primeira sede episcopal mindoniense, o que dí moito encol da importancia que xa dende antigo ten Ribadeo, hoxe considerada a principal cidade da ría e de toda A Mariña Oriental.

O porto e mailos seus astilleiros contribuíron enormemente a incrementar este protagonismo histórico. Xa dende o século 13, pola súa situación xeográfica e pola amplitude á vez que recollemento da súa ría, este punto cartográfico xogou un papel definitivo na defensa da Costa Cántabra. O ataque inglés do ano 1719 centrou pois o seu ensañamento contra desta cidade, que perdeu entón as súas fortalezas cara ó enemigo.

Mais o seu achegamento ó mar non só foi orientado á defensa senon tamén o comercio. A finais do século 18 e principos o 19 autorizouse a importación directa co Norte de Europa e América, o que atrouxo á ciudade a moitos e importantes empresarios asturianos que fixaron en Ribadeo a súa residencia. Foi sede da Aduana provincial ata principios do século 20, con todo o que iste trasego de mercadorías implica.

O comercio, a pesca, o turismo e as actividades de ocio, son hoxe en día as principais fontes de ingreso na vila marítima máis oriental de Galicia, que segue a exercer unha atracción histórica sobre o seu entorno e sobre as comarcas do occidente asturiano.

 

Conexión ADSL wifi en todala casa. Non se admiten cans no interior da casa.
Precisa flash. se non nos ve ben pete eiqui.
_

habitacions | salons | a leira | os detalles | a historia | o destiño | o equipo | a aldea | Ribadeo | turismo activo | visitas | prensa
 
Versión castellano. French English