
A historia de CASA DOÑANO, "a casa do indiano " como a coñecen os máis vellos do lugar, é a historia de tódalas construccions coloniais que, a principios do século XIX fóronse prodigando en moitas leiras familiares -por eiquí e acolá- en Galicia. Algunhas delas son réplicas exactas da arquitectura caribeña, mentres que outras adáptanse á terra sen esquencer os elementos característicos daqueles lares. Os espazos interiores, as amplas salas abertas, as cores, os olores e mailas formas...
No derradeiro tércio do século XIX, un xoven aldeán de tan só 16 anos chamado Jesús Millares decidiu coma outros xóvenes daquela época cruzar o océano na procura de foruna.
A conseguiu traballando forte dende o máis baixo e colleitando unha fortuna das máis importantes de Cuba adicándose ó negocio del carbón. Mais iso non lle fixo esquencer a sua aldea natal e voltou a Vilela do mesmo xeito que moitos “indians” mercando un grande terreo e costruíndo nel unha casa á que voltaba cada ano para vivir un mes nela.
Por iso lle chamaban Don-ano (do galego Don= dueño y ano= año) que co tiempo trasformouse en Doñano. Na casa instalouse xunto con alguns compañeiros tropicais e segundo se conta cunha bela rapaza á que naturalmente os habitantes de Vilela chamaron "a mulata" anque non é seguro que o fora.
En 1914 morreu Jesús Millares en La Habana e seus descendentes repartíronse a propiedade e uns 20 anos máis tarde, un deles, Manuel Millares, compróu ós outros herdeiros as suas partes e conseguiu dar unidade á posesión. Pero no poido marnter os gastos que aquelo producía e tivo que ir vendendo alguns enseres e de remate a casa enteira que, en 1961, pasóu a outras mans por só 60.000 pesetas. A casa ía cara o abandono e no era máis que muros vellos e terra sen traballar...
Só os silenciosos muros e a lembranza dos habitantes de Vilela mantiñan vivo o recordo do esplendor que no seu día se viviu na casa de Don-ano