Queridos amigos:
Pasou xa un ano dende que se lanzou a nova Web de Casa Doñano.
Fai xa, un ano e medio, que vivo en Vilela e a miña experiencia segue sendo ademais de gratificante, intensa e moi intensa.
Na miña primeira mensaxe prometíavos un "Ano cheo de sorpresas e novidades", e así foi.
Moitos son os cambios que se realizaron. O novo mobiliario e decoración do Restaurante e cuartos, as catas e ceas temáticas son algunhas delas.
Sen dúbida o máis significante foi a repercusión a nivel internacional que logramos. No período deste ano visitáronnos clientes de 27 países que gozaron as súas vacacións no Hotel.
Idiomas, persoas, costumes e anécdotas tan diversas que enriqueceron notablemente a miña vida.
E non quero deixar de mencionar aos PEREGRINOS que de case todos os Continentes pasaron a noite na casa Doñano deixando o seu recordo inesquecible pola coraxe, e ilusión postos na súa travesía facendo " O Camiño".
Recibirvos de novo a moitos, e a promesa de vernos de novo cos que chegastes por primeira vez, é sen dúbida a maior satisfacción para min e o estímulo para seguir no empeño de facer deste "Canto" un PARAISO para todos os que podemos gozalo.
Sigo aquí con ideas, proxectos e ilusións, chea de entusiasmo para recibirvos e facervos unha estanza difícil de esquecer.
Grazas a todos polas vosas palabras ditas ou escritas. Polas vosas demostracións
de cariño e por permitirme sempre achegarme a vós.
Feliz 2008 e ata moi pronto.
María Rosa Fisas
Xerente
Casa Doñano
Xaneiro 2008
Verónica, coa súa amabilidade, dedicación e permanente sorriso é quen se encarga do Servizo de Cuartos e de preparar os "deliciosos e recoñecidos Almorzos" de Casa Doñano.